"La Nit" é unha música inspirada en cinco historias escritas por Eduardo Mendoza, Miquel de Palol, Julio Walovits, Flavia Company e Monika ZGustova, respectivamente. Autores que coñecen Barcelona e que ambientaron alí estas historias que compoñían o guion da obra de teatro "Un dia d'aquests", coordinada por Pep Tosar e estreada no Círcol Maldà en 2012.
A xestación desta música empezou o día en que cada un dos autores leu o seu libreto aos demais. Cinco historias diferentes pero, sen dúbida, conectadas; e a sensación de vivir un momento irrepetible, aquel en que o autor, xa reconciliado coa obra escrita, defendíaa con paixón...
O resultado é unha colección de músicas que fan referencia unhas a outras, compostas e interpretadas ao baixo acústico. As gravacións fixéronse no hórreo de Os Vilares (La Nit, Green In Blue, Dijous Sant, Septimània), na Igrexa de Santa maria de Valonga (Marina, Les Escales, Urbanitas, T30) e na sancristía da Igrexa de Santo Ramón, en Penamazada (Poble Sec, Rabassada). Ambas as capelas cortesía do reitor de Meira, Don Miguel Asorey.
“La Nit” evoca o mar e a praia pola noite, cando se mesturan o soño e os recordos e onde non todo ten explicación.
“Marina” é unha historia que se repite, aínda que cada vez parece ser a primeira. Ao final, o mar é a saída posible.
“Green In Blue” Apuntando aos personaxes de "Addictes per Barcelona", de Flavia Company, e despois de facer unha conexión coa historia de Bill Evans, que compuxo "Blue In Green".
“Les Escales” É unha música inspirada na historia de Julio Walovits, que ocorre nas escaleiras dun edificio pretendidamente modernista.
“Dijous Sant” Es o diálogo dun adicto, que se dá razóns e argumentos para seguir ou non seguir, desde o medio dun universo sórdido, de realidades duras e afiadas.
“Poble Sec” É unha música para a cidade, de noite con xente na rúa e a noite segue aquí evocando soños e recordos, mesturados.
“Rabassada” É unha excursión en moto pola estrada da Rabassada, cando non era obrigatorio levar o casco...
“Septimània” e “Turó da Peira” son partes de Barcelona nas que vivín.
“Urbanites” e “T30″ son músicas relacionadas co final de Gaudí, atropelado por un tranvía da liña 30 no cruzamento de Gran Vía con Girona.